Ceip Seixo's Slidely by
Slidely Slideshow
DÍA DE ROSALÍA
Vamos a contar cómo celebramos o día de Rosalía de Castro no colexio de Seixo.
Fixémoslle
unha homenaxe o día 24 para celebar o séu nacemento. Recorremos as rúas da vila
repartindo pegatinas e poemas. Estabamos moi emocionados porque íamos sair do
cole.
A viaxe comezou cunha foto no portal do colexio, cun retrato de Rosalía que
fixemos entre todos.
Visitamos o bar Ache, o restaurante a Brasileira, a tenda de Peneireiro, a
ferretería José Vicente e a floristería "Máis que flores",
rematando o percorrido na perruquería
Juan Vilar e na perruquería de Cristina Souto. Na floristería "Máis que
flores" amosáronos peixes, tartarugas, iguanas, hanster,
páxaros e diversas flores.
Na perruquería Juan Vilar recitamos unha poesía de Rosalía e agradeceron a nosa visita dándonos caramelos.
A pesar de que choveu un pouco pasámolo moi ben recorrendo o pobo e recitando
cantigas de Rosalía.